Interiorista en Santiago de Compostela

Unha das nosas principais singularidades radica en que traballamos sobre proxecto, planificando cada detalle antes de comezar a reforma, optimizando o orzamento do que dispón o cliente e evitando sobrecustos en obra. O asinado é o executado, tanto no que se refire a orzamento como no que se refire a tempos de obra, respectando ante todo o deseño proxectado.

 

A atención aos detalles, o coñecemento de materiais e un equipo de profesionais especializados para cada oficio, permítennos ofrecer un traballo de excelencia axustando o proxecto ás súas necesidades.